O proxecto “Atlántica Memoria” analiza o intento de invasión do norte de Portugal por parte de Francisco Taranco

O proxecto “Atlántica Memoria” analiza o intento de invasión do norte de Portugal por parte de Francisco Taranco

09 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Taller de Ediciones ven de presentar o seu proxecto de investigación histórica que leva por título “Atlántica Memoria”. Dividido en varios episodios, a editorial encabezada polo historiador galego José Antonio Durán, inaugura este espazo de “historia social, transfronteiriza e interdisciplinar”, co tramo bicentenario das Guerras Napoleónicas (1806-1815).

A primeira entrega, “Oporto, Capital do Reino de Galicia”, narra a interesante Misión Taranco, un intento de ocupación do Norte de Portugal (a Lusitania Septentrional napoleónica) por mais de seis mil homes, concentrados en Tui, baixo o mando do enxeñeiro militar Francisco Taranco y Llano, Capitán Xeral do Reino de Galicia.

 

“Oporto, Capital do Reino de Galicia”, primeira entrega de “Atlántica Memoria”, está a disposición dos internautas na web de Taller de Ediciones: “La cueva de Zaratustra”.

O proxecto “Atlántica Memoria” é un espazo que combina a biografía histórica coa historia local dos países atlánticos, concedendo máxima presenza a protagonistas galegos ou establecidos en Galicia. Atlántica Memoria conta co patrocinio do Grupo San José.

Cultura