O proxecto da futura senda marítima de Fene examinado polos responsables de Costas

O proxecto da futura senda marítima de Fene examinado polos responsables de Costas

29 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Abrir Fene ao mar e construír un estanque que hai na parte de atrás do aparcadoiro de Río Sandeo. Dous obxectivos do goberno municipal  que recibiu este mediodía a visita Xefe da Demarcación de Costas do Estado en Galicia, Rafael Eimil e o Conselleiro técnico deste departamento, Carlos Gil. Percorreron xunto co Alcalde de Fene varios tramos da futura senda. Os dous responsables de costas comprobaron “in situ” a futura senda marítima de fene q

A visita á zona de Río Sandeo constiti o asunto máis tanxible desta visita. A Consellaría de Medio Rural e o Concello de Fene prevén construir un estanque detrás do aparcadoiro. Xa se recibiu a autorización de Augas de Galicia co que o proxecto xa está licitado e adxudicado, segundo explicou esta mañá en Radiofusión o Alcalde de Fene, Iván Puentes.

Os Responsables de Costas contemplaron o proxecto que están a realizar no areal fenés. A rehabilitación e ampliación da zona dos peóns e coches. Asímesmo eliminarase o muro de formigón para acadar un menor impacto ecolóxico e ambiental, mellorando así a accesibilidade á praia. Unhas demandas reclamadas polos veciños dende hai tempo.

O proxecto da futura senda marítima abrirá á fachada de Fene ao mar. Porase deste xeito en valor a nosa costa que ata o dagora agochábase tras o estaleiro de Navantia. Unirase o Paseo de San Valentín ata Maniños co límite do Concello de Mugardos, en O Seixo. Unha iniciativa para que os veciños e visitantes conten cun novo lugar de lecer e esparcemento.

Dous millóns de euros investiranse nestes traballos que segundo Puentes contaría con algúns tramos transitables no 2011, o anteproxecto do paseo de Barallobre e Perlío. O tramo de Maniños, aínda que xa conta con proxecto será máis dificultosas porque é necesario expropiar algúns terreos de dominio público pero non afectará a nengunha vivenda.

A segunda fase da senda marítima realizarase nos areais de Limodre unindo Río Sandeo, Coido e Almieiras facilitando o acceso da xente entre unha praia e outra.

Institucional