O proxecto do equipo de rugby mixto

O proxecto do equipo de rugby mixto

20 de Setembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por

Un equipo mixto é un dos proxectos nos que traballa na actualidade o Club Rugby Ferrol. Francisco Usero encargase da dirección deportiva e ademais exerce como adestrador – xogador do equipo senior. A entidade inicia esta fin de semana os partidos amigables. Xogará contra o Mareantes de Pontevedra, o sábado ás 5 da tarde na Malata.

O equipo senior da entidade non sabe ainda se xogará na Primeira ou na Segunda Territorial Galega. Depende da configuración dos grupos, algo que se concretará nas próximas semanas para empezar a competición oficial a mediados de outubro.  Cristobal Dobarro preside esta temporada o Rugby Ferrol. A entidade contaba o curso pasado con equipos nas categorías senior, xuvenil, cadete e infantil.

Deportes