O PSdeG critica a "improvisación" do goberno da Xunta na política pesqueira

O PSdeG critica a "improvisación" do goberno da Xunta na política pesqueira

08 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

A Portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario Socialista, Marisol Soneira, non permanece impasible ante as actuacións do goberno da Xunta, ao que acusa de improvisar e de carecer dun modelo no referente a este ámbito.

As accións levadas a cabo pola Conselleira do Mar non parecen convencer ao Partido Socialista de Galicia, quen critica duramente a súa política pesqueira e os recortes que neste sector se están a producir. 

 

 

A ausencia de medidas de seguridade efectivas ante o crecente furtivismo das nosas costas, a búsqueda fallida de apoios en Europa, ou a dubidosa discriminación positiva á que se someten as mariscadoras de a pé, son algúns dos temas dos que esta mañá falou Marisol Soneira, Portavoz de Pesca do PSdeG, quen manifestou o seu descontento coa política da Xunta no ámbito da pesca e o marisqueo. 

 

Soneira criticou duramente as medidas levadas a cabo pola Xunta este verán, entre as que destaca a reinstalación de especies de Zonas C a Zonas de tipo A, poñendo en dúbida a súa efectividade e o seu beneficio para o mariscador debido a alta mortaldade que sofren cos traslados.

 

A Portavoz do PSdeG tildou de esperpénticas estas actuacións, e asegurou que a solución radica no saneamento das rías, especialmente desas zonas C, pedindo ao goberno da Xunta seriedade no referente a este sector tan importante para a nosa comunidade.

Institucional