O PSdeG de Muras equipara o novo soldo do alcalde co orzamento de infraestruturas do Concello

O PSdeG de Muras equipara o novo soldo do alcalde co orzamento de infraestruturas do Concello

05 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O PSdeG-PSOE de Muras pasou ao ataque. A decisión adoptada polo pleno municipal de que o alcalde da localidade chairega tivese dedicación exclusiva e un soldo, segundo o grupo socialista, de 54.000 euros, motivou a reacción da oposición. Foi o seu voceiro no concello, Francisco Balado, o que tomou a palabra para cualificar de “inexplicable” e “desorbitante” tal cantidade.

O alcalde da vila, o popular Iaam Alngam Azaam, non se adicaba a tempo completo ao Concello e compaxinaba o seu cargo coa súa profesión de médico. Pero, a partir de agora sí o fará. Esta nova situación conlevará un incremento no seu soldo. Segundo o PSOE, se incrementará ata os 54.000 euros, produto do seu salario mais as dietas e os desprazamentos.

 

Para Rodríguez, este aumento choca frontalmente cos “alardes de austeridade que se cansaron de repetir durante a campaña das autonómicas” e lembrou que a cantidade é “superior” ao orzamento total que Muras adica á área de infraestruturas.

“Sumando aos 54.000 euros uns 10.000 de Seguridade Social, máis as dietas e os desprazamentos, o salario imposto o xoves por Isaam Alngam para o seu cargo como alcalde supera considerablemente os 60.000 euros que o noso Concello destina do orzamento municipal a infraestruturas”, indicou Francisco Rodríguez.

Os socialistas consideraron esta cantidade “desorbitante”, xa que nun concello que conta cunha poboación duns 800 habitantes e cuns presupostos de preto dun millón de euros, o montante do salario de Alngam é, para Rodríguez “unha burla de cara aos cidadáns de Muras en estos tempos de crise”.

Sociedade