O PSdeG denuncia que a “maquillaxe” nas listas do paro esténdese agora ás do Sergas

O PSdeG denuncia que a “maquillaxe” nas listas do paro esténdese agora ás do Sergas

17 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Agora non se trata dun código, senón dunha fórmula escrita: “Por mor dunha redistribución de recursos”. Ao igual que acontecera coa suspensión das listas do paro dos beneficiarios de programas de orientación laboral, a Xunta estaría a aplicar unha “maquillaxe” nos datos das listas de espera da sanidade pública, que se sitúan arestora na peor situación dos últimos seis anos, segundo denuncia o PSdeG. A carta

Segundo o secretario de Sanidade socialista, Miguel Ángel Fernández, trátase dunha situación común na que “lle din a un paciente que xa fora derivado ao especialista, que ten que volver ao médico de atención primaria para que confirme si ten que ir ao especialista ou non”. Isto confirmaría o peche das listas de espera na atención especializada para ofrecer mellores datos pero estaría a provocar o medre da espera en atención primaria. Fernández afirmou que hai 250.000 galegos agardando por unha primeira consulta de especialista, 120.000 por unha proba de diagnose e 50.000 por unha operación, polo que critica que dende a Xunta se amose “satisfacción” pola xestión do Sergas.
O PsdeG sostén que o investimento da Xunta en sanidade reduciuse en 70 euros por persoa no último ano, situando á Comunidade no posto 11 desa clasificación no conxunto do Estado. 
Institucional