O PSdeG esixe á Xunta o cumprimento da lei na venda de mexillón de Galicia

O PSdeG esixe á Xunta o cumprimento da lei na venda de mexillón de Galicia

15 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, interpelou á Xunta sobre as denuncias realizadas polo Consello Regulador do Mexillón respecto do envasado por unha empresa conserveira de mexillón foráneo como de Galicia. Afirma que hoxe en día pode constatarse que hai fraude e emprazou a Xunta a que faga cumprir a Lei.

Soneira congratulouse de que as actuacións xudiciais que están en marcha non acorten a investigación que iniciou a propia Consellería do Mar.  

Sobre as criticas da Xunta sobre a “criminalización” deste tema asegura que “esto ten nome e apelidos e chamase fraude” e aludiu á información do xornal “La Opinión de A Coruña”, donde se recollen unhas declaracións nas que a Conserveira de Rianxo recoñece que a presencia de mexillón foráneo nas súas conservas, e publicitado como galego. Insistiu “que as dúas entidades chegaran a un acordo non quere dicir que non houbese delicto”. 

A deputada socialista tamén interveu para reclamar explicacións sobre a subvención concedida a Confraría de Cambados para a adquisición da embarcación Tragove, trala denuncia realizada polo Grupo Parlamentario Socialista nesta mesma comisión, e na que se constata que había irregularidades nesta embarcación. 

Pola súa banda, o director Xeral reclamou explicacións a Soneira sobre as súas declaracións nas que asegura que a Conselleira do Mar ten amistades peligrosas. A deputada socialista dixo que as “amizades perigosas son aquelas nas que se constata que entre mais de 8.000 embarcacións rexistradas na Ría de Arousa teñen o telefono persoal de determinados clanes para sacar a pasear ao Señor Mariano Rajoy, e quen fai eso é que asina esta subvención, esas son as amizades perigosas”, sentenciou. 

“Hai amizades polas que non debería apostar o Partido Popular, aínda que sexan amiguiños da alma”. Denunciou que estes amiguiños “despois acaban constituíndo empresas "ad hoc", e no concurso eólico acaban conseguindo 18 megavatios, por exemplo”, insistiu. 

Ademais, preguntoulle ao Director Xeral se a Xunta revisou o equipamento desta embarcación. Dixo que esta asunto “pinta moi mal, e agora non poden alegar descoñecemento”. Así reclamou que se cotexe, mediante un taxador independente,o precio de mercado desta embarcación. 

Institucional