O PSdeG presenta as enmendas para o sector pesqueiro

O PSdeG presenta as enmendas para o sector pesqueiro

22 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, vén de anunciar que as emendas socialistas aos orzamentos da Consellería do Mar cambiando de destino, ou asignándolles unha función concreta, supoñen 37.435.358 euros. Isto significa un 21,32% mais da proposta enviada o Parlamento polo Goberno de Feijoo. A deputada socialista replica que as emendas do PSdeG-PSOE pretenden impulsar a racionalización do gasto, a recuperación

Tamén apostan pola investigación como instrumento fundamental para unha pesca sostible medioambientalmente e economicamente rendible, un apoio a comercialización dos diversos productos da pesca e do marisqueo galegos e das súas industrias transformadoras, e dotar as empresas acuícolas de terreos públicos onde instalarse. 

Soneira di que tamén pretenden aspirar a facer transparentes e visibles os investimentos en Portos de Galicia xa que, nos orzamentos de Feijoo “non solo son opacos e escuros se non que están deseñados para utilizados no que mellor sabe facer o Partido Popular que é o caciquismo”, sentenciou. 

Explica que as emendas do PSdeG-PSOE propoñen a recuperación do seguro colectivo de accidentes no mar e do seguro de mal tempo, por un importe de un millón douscentos mil e un millón de euros respectivamente. Di que serve para seguir dando protección as preto de trinta mil persoas que traballan e viven do mar en Galicia. Denuncia que o Partido Popular e a Xunta de Galicia nun xesto de insensibilidade e de soberbia indescritibles “deixounos desprotexidos”. 

A deputada socialista argumenta que a partida destinada a un maior volume de recursos  refírese ás medidas de apoio a flota costeira artesanal, tanto para a súa modernización, como para o acceso a tonelaxe e potencia que facilite a regularización das embarcacións excluídas do último proceso posto en marcha. Por outra banda tamén destacan as partidas destinadas a  medidas de seguridade no emprego, formación e equipamentos pesqueiros. Sinala que o importe destas emendas supoñen 4.475.358. Ademais as vinculadas con este mesmo sector, incorporamos 300.000 para subvencionar a Seguridade Social das redeiras, e o turismo mariñeiro o que destinan 500.000. 

A portavoz de pesca subliña tamén as emendas para recursos en investigación, advirte que “caen de maneira importante nos orzamentos de Feijoo”. Asegura que a proposta socialista pasa porque se incrementen en nun millón e medio de euros, sobre todo naqueles aspectos que incidan no aumento de productividade das rías e bancos marisqueiros. 

Explica que hai outra partida destinada a adicar recursos, por un importe de mais de 2.400.000 euros, aos Plans do cerco, Conserva, Conxelado e Mexillón, e de 2.500.000 euros á comercialización e promoción do Peixe de Día, do Gran Sol, da Flota Artesanal, do Litoral, da Acuicultura, do Conxelado e Precociñado. 

Outros campos de actuación son: paros biolóxicos, recuperación de zonas cualificadas como C e producción de semente de bivalvos, dotadas cada unha delas con un millón de euros. Igualmente mobilizan dous millóns de euros para adquirir terreos de titularidade pública destinados a acuicultura en terra, 500.000 euros a proxectos piloto en rías e comarcas con niveis de renda por debaixo das medias galegas, ou o aumento da partida de cooperación internacional en 210.000 euros.

Portos de Galicia 

Pola súa banda o portavoz de Portos, Manuel Gallego propón mobilizar mais de dezaseis millóns de euros asignándolles proxectos concretos ante a indefinición que propón a Consellería do Mar. As infraestructuras para investir serian as seguintes: nova lonxa en Cangas, ampliación peirao de Burela, edificio Peirao Cabo de Cruz, contradique porto de Fisterra, ampliación atraque  en San Adrián de Cobres, plan mellora Porto de Aguete, o Estudio ampliación novo peirao de Panxón, o acondicionamento do porto de Canido-Vigo, a Remodelación do borde interior do porto de Porto do Son, a ampliación porto de Campelo e do porto de Xufre. E o acondicionamento do peirao das Cabeceiras en Pontevedra.

Institucional