ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O PSdeG-PSOE da provincia de Lugo, representado polo seu secretario provincial Luis Ángel Lago Lage, e os voceiros das Agrupacións Municipais Socialistas de Lugo, José Rábade, Guitiriz, Regina Polín, Cospeito; Rosa Morán; Vilalba, Eduardo Vidal Baamonde; Friol; Castroverde; Pol, Lino Rodríguez Ónega e Outeiro de Rei, Miguel Ángel López Varela, mantivo na mañá de hoxe unha xuntanza co comité de empresa de Leche
Nesta reunión informouse das xestións que está a levar este grupo para tentar frear o ERE da planta de Pascual nesta vila lucense. “Os socialistas estamos intervindo para parar o ERE de Pascual. No Ministerio de Traballo, mediante a vicepresidenta do Goberno, De la Vega, e tamén na Xunta de Galicia, no Parlamento, así como dende a Deputación e dende os concellos afectados” detallou Lago Lage.
O senador cualificou de “vergoñento” que unha empresa “utilice como táctica para aumentar os seus beneficios o recorte dos postos de traballo”. Para o Secretario Provincial do PSdeG en Lugo, “Leche Pascual camufla baixo un ERE que quere vender a planta”.
Lage engadiu que no PSdeG-PSOE estaban sorprendidos pola actitude do actual goberno da Xunta. “Sorpréndenos o inmobilismo e a incompetencia que están de Feijóo e o seu equipo neste caso. Se nada se pode facer, nin sequera falar coa empresa ou falar co comité, ou buscar solucións queda en entre dito para qué sirve un presidente da Xunta, para que sirve un conselleiro de traballo e para que sirve un conselleiro de medio rural; se nada se pode facer que pechen as consellerías e que deixen traballar a outros que si queren solucionar este problema”, criticou.