O PSOE rexeita os recortes sanitarios e aposta polo novo Decreto Lei

O PSOE rexeita os recortes sanitarios e aposta polo novo Decreto Lei

22 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O Grupo Parlamentario Socialista segue sen ver claras as actuacións do goberno galego no campo da sanidade, presentando novas iniciativas para mellorar este ámbito, e rexeitando a súa proposta de recortes no transporte sanitario urxente que hoxe é noticia en moitas cidades galegas.

O transporte sanitario urxente é algo imprescindíbel na nosa comunidade, polo que os recortes de servizos de ambulancias asistenciais que se están producindo en cidades galegas como Vigo, marín ou Foz, son totalmente inadmisibles. 

 

 

Así de conciso se mostraba Modesto Pose, Portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario Socialista, quen falou destas e outras medidas levadas a cabo polo goberno galego, poñendo en dúbida a súa efectividade e o seu criterio para levalas a cabo. 

 

Ademais, Pose falou do Decreto Lei que se levou ao Parlamento e foi publicado no BOE este mesmo sábado, o cal suporá o fin do "cataloguiño" defendido polo goberno e a aparición de novidades como a tarxeta sanitaria única, a historia clínica dixitalizada, ou as prescripcións electrónicas intercambiables, ademais do que destacou como un dos puntos claves do decreto, as denominadas prescripcións por principio activo. 

 

Así, Pose deixou clara a postura do seu partido neste campo, afirmando que apoiarán ao goberno na aplicación deste decreto sempre que se faga dun xeito sensato e lóxico,e  deixando unha mensaxe bastante claro para a Conselleira de Sanidade.

Institucional