O punto limpo de Fene-Cabanas a punto.

O punto limpo de Fene-Cabanas a punto.

17 de Setembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene agarda que no mes de outubro se outorgue a xestión do Punto Limpo ubicado no polígono de Vilar do Colo e que dará servizo aos concellos de Fene e Cabanas, se ben hai outros interesados en utilizar as instalacións, segundo quedou patente na xuntanza da Mancomunidade de Municipios da Ría.

As localidades de Ares e Mugardos amosaron o seu interese en poder utilizar as instalacións localizadas en Vilar do Colo. A proximidade dos termos municipais de Ares e Mugardos, comunicados pola vía rápida con Vilar do Colo, facilitaríalles a xestión dos residuos que se tratan nos puntos limpos. Esa posibilidade abarataría custe aos concellos que iniciaron este proxecto. A Xunta licitou o pasado mes de xullo as obras do punto limpo de Fene e Cabanas por un importe de 240.000 euros. O Punto Limpo ten capacidade para dar servicio a 40.000 habitantes. O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, agarda que no mes de outubro quede zanxada a xestión do punto limpo.

Sociedade