O que cumpre saber sobre Reganosa

O que cumpre saber sobre Reganosa

20 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol organiza este sabado unha Xornada aberta de formación cidadá, baixo ese lema. O comité leva nove anos de loita contra a planta de gas de Mugardos e fai balance da situación nesta xornada do sabado 23 de maio no Campus de Esteiro – Ferrol en sesións de mañá (9,30 a 14,30 h.) e tarde  de 16,30 a 19,30 h.

 Segundo declaracións do Coordenador do Comité Cidadán de emerxencia, Manuel Anxo Rodríguez Carballeira, os pais da criatura foron Manuel Fraga e o Sr Tojeiro, que aproveitou a privatización de ENAGAS que ía acometer a planta no porto exterior, para levar a cabo o seu negocio. Ao principio os partidos de esquerda reaccionaron  unidos frente a este proxecto, pero anos despois deixáronse ir nunha situación de feitos consumados. O comité erixíuse entón en defensor da causa e dende hai 9 anos pelexa con todas as suas armas: movilizacións e a via xudicial, coa esperanza de gañar a batalla. 
 Rodríguez Carballeira amósase convencido de que o TSXG pechará Reganosa. Ata o momento emitiu tres sentencias en contra da Planta de Gas e hai 12 contenciosos abertos nos tribunais contra Reganosa.

O ultimo capítulo é a intención de ampliar a planta e multiplicar a sua capacidade, para o que se precisaría esterilizar o dobre de toneladas de auga diarias, 624.000, e o conseguinte aumento da secuencia de gaseiros na ría a razón de 1 cada tres dias e a maior probabilidade dun accidente. 

 Dende que Reganosa instalou a planta de gas no interior da ría xa se produciron un total de 8 incidentes causados polas malas condicións metereolóxicas. Cita Carballeira como exemplos, un pequeno tereremoto o pasado 26 de marzo ou o xiro de 180º ao que se veu obrigado a dar un dos gaseiros. Lembraba o coordenador do Comié Cidadán que non é raro un accidente nunha ría tan peculiar como a nosa. Lembremos o Discóverer Interprise que se empotrou contra a Ponte das Pías.  A maiores do perigo real que supón para Ferrol e para todos os concellos que dan á ría, o Comité denuncia que a sua influencia acaba co ecosistema. E así ata 23 razóns para xustificar o berro ¡Planta de gas fora da ría!  A xornada do sabado no Campus de Ferrol abrirá ás 10 da mañán e rematará cunha cea ás 10 da noite. No programa abórdanse tres aspectos: coñecer cómo funciona a planta e os seus riscos, o seu impacto ecolóxico e por ultimo os aspectos xudiciais.  Asisten enxeñeiros navais como Carlos Alvarez Feal , Manuel Fonso de Amorim e Rafael Montero Baquedano. Biólogos como Alberto de Coo e avogados como Patricia Gabeiras e Victor López Casal. Tamén asisten as entidades veciñais máis sensibilizadas polo problema como a de Mehá –Mugardos- e a de Caranza – Ferrol. 

Sociedade