O Racing cesa a Manuel Sánchez Murias

O Racing cesa a Manuel Sánchez Murias

24 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O manager do Racing de Ferrol Gerardo Molina comunicoulle este mediodia ao adestrador do equipo Manuel Sánchez Murias a decisión adoptada polo consello de administración do club de proceder ao seu cese. De xeito transitorio encargaráse da preparación do conxunto da Segunda División B do fútbol, o preparador físico Fran Beade.

O cese do adestrador prodúcese cando o Racing suma 41 puntos separandoo 2 dos postos que dan dereito a xogar a promoción de ascenso. Na pasada xornada os ferroláns empataron a domicilio co Lugo, nun encontro no que o equipo verde non deu moi boa imaxe.  

Manuel Sánchez Murias (Xixón, 1976) colleu as rendas do Racing de Ferrol en xullo do 2008 con 31 anos. A pasada tempada vestiu a camisola do equipo verde, e sacou o título de adestrador nacional. El non pensaba ainda colgar as botas pero non o dudou cando o consello de administración lle propuxo ocupar o banco.
Manuel Sánchez formouse no Xixón Industrial onde xogou entre as tempadas 1995/1996, pasou ao Sporting B, 1996/1998 e as dúas campañas seguintes xogou no primeiro equipo do Sporting de onde pasou ao Celta, club no que xogou na tempada 2000/2001. Posteriormente foi xogador de Córdoba, Osasuna e Numancia de Soria. Regresou ao Celta na tempada 2003/2004, xogou cedido no Tenerife na mesma tempada e volveu ao Celta na campaña 2004/2005. Posteriormente asinou polo Racing, club no que xogou entre o 2005/2008.

Deportes