O Racing descende a Terceira División

O Racing descende a Terceira División

03 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Producíuse a traxedia. Víase vir e a mala nova non colleu de sorpresa a ninguén. Todos fumos preparándonos para a noticia. O fútbol ferrolá volve a tocar fondo despois de 19 anos por Segunda División e Segunda División B. É inútil buscar culpables a esta desgracia. En fútbol as causas son un sumando de factores coordenados polo azar e a sorte. Está claro que o equipo era un conxunto pensado para rematar a liga regular entre

Coa dura realidade tocándonos a faciana é momento de extraer leccións e aprender dos momentos duros da vida. O Racing comeza unha nova era, un novo ciclo, unha nova situación onde a canteira, a base será o gran patrimonio deportivo. Soamente queda coñecer o grao de urxencia do presidente e o seu consello de administración cara o ascenso a Segunda División B.

Deportes