O Racing respira tras vencer ao Lugo (2-0)

O Racing respira tras vencer ao Lugo (2-0)

04 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Un golazo de Rubén Pérez (76´) permitiu que saise o sol esta tarde no estadio da Malata. O mesmo Rubén Pérez deu o pase para que rematara Carlos no minuto 87 e lograra o tanto que deixou en 2 a 0 o resultado final do partido contra o Lugo. Os ferroláns colócanse agora con 33 puntos e teñen ainda oportunidades de salvar a categoría na Segunda B do fútbol. Faltan 6 xornadas e o Racing necesita 13 puntos para manterse.

As esperanzas para o Racing chegaron xusto minutos despois de que os verdes quedaran con 10 tras a expulsión por cartón vermello de Nacho Calvillo (71´) pero o equipo adestrado por Luisito aproveitou a saida do campo de Seoane para recuperarse dun golpe. Cando xogaban 10 contra 10 chegou o primeiro gol. Logo Carlos nunha contra sentenciou o partido no minuto 87.

Alineacións:

Racing.- Reguero, Jonathan, Manuel, Garrido, Jesús Varela, Ricardo Malafaia, Juan Martínez, Rubén Pérez, Nacho Calvillo, Dani Quintana e Rudy Carlier. Banquillo: Paco (p.s.), David Franch, Carlos, Marcos e Pablo Rey.
C.D. Lugo.- Escalona, Aira, Alberto, Mauro, Manu, Arroyo, Seoane, Cristobal, Maikel, Marcos Rodríguez e Sergio Maestre. Banquillo: Viusky (p.s.), López, Sergio, Antas e Xaime Noguerol.

Deportes