O Racing xógase moito diante do Sestao

O Racing xógase moito diante do Sestao

25 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Ante o Sestao xógase moito o Racing de Ferrol, segundo o seu adestrador Michel Alonso. O equipo vasco é forte na casa, cun xogo directo, con poucas combinacións e chegadas rápidas.

O técnico ferrolán indica ademáis que esta tarde enfrontanse outros dos equipos que figuran nos postos de cabeza. Por iso conseguir os 3 puntos pode afianzar ao Racing na promoción de ascenso. O partido Sestao River – Racing de Ferrol comezará ás oito desta tarde no campo de fútbol da localidade vasca.

Deportes