O rancor aflora no último pleno

O pleno aprobou reformar a instancias do PSOE a ordenaza das "plusvalías" por ser inxusta
03 de Maio, 2019 - 10:06 h. | Publicada por Radio Fene

O último pleno deste mandato foi máis bronco do que se agardaba. Os edís do BNG e de EU abandonaron o salón de plenos de Fene na última parte da sesión. A edil de Facenda rendíu contas, na liquidación dos Orzamentos de 2018, que se salda cunha execución do do 77,41%.

ESCOITA O PODCAST:

O último pleno deste mandato foi máis bronco do que se agardaba. Os edís do BNG e de EU abandonaron o salón de plenos de Fene na última parte da sesión. O momento foi cando o alcalde, Gumersindo Galego, facía balance dos catro anos que rematan para este goberno local e criticaba a acción dos nacionalistas nos tres primeiros anos. O portavoz do Bloque, Juventino Trigo, marchou seguido dos seus e da edil de EU, proferindo "delicadas" acusacións ao grupo popular. E iso que o pleno prometía ir como a seda se temos en conta a orde do dia.

Liquidouse o Orzamento de 2018 que superou os 15 millóns de euros. A edil de facenda, Rocío Bértoa, informou que se executou un 77,41% do mesmo e que o remanente de tesourería é de 3 millóns e medio de euros. Engadiu que a débeda cos bancos é cero e que se cumpliu cun tempo razonable o pago a proveedores. Este último argumento foi rebatido polo portavoz do BNG quen insistiu en que este trimestre o periodo de pago a proveedores retrasouse, ao que a edil do PP contestou que sería por sumar as facturas de luz e doutros conceptos que deixou sen pagar o BNG. Os socialistas criticaron que quedara o 30% do orzamento sen executar e consideran que non é positivo que sobre tanto diñeiro.

O pleno aprobou cos votos favorables de PSOE, PP e Somos Fene unha moción que elimina a ordenanza numero 25, a que coñecemos como a das “plusvalías” por ser un imposto inxusto, en palabras do portavoz socialista. En xeral exímiríase do tributo aos herdeiros de propiedades cuxo valor sexa inferior aos 250 mil euros. Dúas enmendas do PP fixeron posible o acordo que contou coa abstención de BNG e EU.

O apartado de rogos e preguntas serviu para facer balance dos catro anos que rematan. O BNG calificou o último ano de goberno dos populares como o da maior desorganizaciín e descontrol. “Un ano para esquencer” afirmou Trigo. O PSOE citou algunhas das decisións adoptadas en pleno que despois non chegaron a executarse. Entre elas unha decisión sobre a xestión do servizo da auga, os pasos elevados na vía do tren, recuperar os médicos para o centro de saúde ou as bases do Premio Ramón Souto. A edil de EU espetoulle ao concelleiro de Deportes que a Gala do Deporte, celebrada hai unhas semanas, foi “infumable”. Cando o alcalde comparaba a acción de goberno de BNG e PP e acusaba aos nacionalistas de vulnerar os dereitos de nove concelleiros, referíndose á suspensión do pleno que retrasou a moción de censura, foi cando se produciu o abandono do salón de plenos por parte dos edis do Bloque e de EU. Un xesto calificado de sobervia por parte dos que quedaron plantados.

Institucional

Publica o teu comentario agora