O Requeixo pechará agosto na Capela

O Requeixo pechará agosto na Capela

24 de Agosto, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Milleiros de persoas achéganse cada ano á Festa do Requeixo da Capela no último domingo de agosto. Neste 2014 haberá un aliciente engadido a un produto alimenticio que gaña cada ano en valoración. Como noutras edicións haberá un concurso de postres elaborados con requeixo, nunha cita organizada de xeito conxunto pola cooperativa Campocapela e o Concello da Capela.

Toda a información sobre a festa pode consultarse na web do Concello da Capela.

 

Tamén na Capela celébrase este domingo vintecatro de agosto a xornada Etnoeume, con actividades relacionadas cos oficios tradicionais durante todo o día no Museo Etnográfico do Pazo. 

Sociedade