O respecto polas cores diferentes

O respecto polas cores diferentes
29 de Novembro, 2019 - 11:49 h. | Publicada por Radio Fene

“A actividade remata co pintado dun mural coas mans e participa quen quere, pero na experiencia realizada toda a rapazada anímase” indica Lidia Pena quen dirixe e representa a actividade As Cores. Nin é conta-contos, nin espectáculo teatral, nin obradoiro, pero ten de cada cousa un pouco.

ESCOITA O PODCAST:
Lidia Pena dirixe As cores

O conto As Cores está a percorrer nestes dias os colexios de Fene e doutros puntos da comarca. Lidia Pena dirixe as sesións de conta contos-obradoiro. “As cores” é o nome do conto co que se pretende traballar de xeito dinámico temas tan importantes como a igualdade, a inclusión, o respecto, o traballo en equipo, as emocións... transmitindo valores sempre a través do lúdico. Remata cun obradoiro final de elaboración dun mural colectivo. A programación estenderase durante o mes de decembro con dúas sesións por centro escolar. O luns dia 2 no CEIP Centieiras, o mércores 3 na Xunqueira, o luns 9 no Ramo e o martes 10 na Jorge Juan. Todo forma parte das actividades programadas polo Concello de Fene arredor do vintecinco de novembro, Dia Internacional contra a violencia machista.

Cultura

Publica o teu comentario agora