ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
El Ultimo Ke Zierre de Castellón, os asturianos Skama la Rede, Amacheta de Sigüeiro e os ordenses A Cona Yeye conforman o cartaz do Revoltosa Rock 2010. O festival celebrarase o venres 2 de xullo, a partir das dez e media da noite, no novo campo de fútbol da parroquia de Santa Cruz de Montaos. Esta cita co rock organízase pola Asociación Xuvenil A Revoltosa coa colaboración do Concello de Ordes.
Na V edición do Revoltosa Rock, ademais dos concertos dos catro grupos participantes, acollerá tamén as actuacións de Croma (Live) de Música experimental e o punk-garage de Watergate.
Ademais no festival haberá un espazo para outro tipo de actividades, como exposición de grafittis e diferentes xogos populares. Non faltará a gastronomía, con tapas de callos para todos os asistentes. O festival conta con zona de acampada gratuíta e con entrada de balde.