O Sónar 2010 celebraráse na Coruña

O Sónar 2010 celebraráse na Coruña

20 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Por primeira vez na Historia, Sónar, o Festival Internacional de Música Avanzada e Arte Multimedia, desdóbrase en dúas sedes. Da man de Xacobeo, Sónar percorre o Camiño de Santiago para celebrarse simultaneamente na Coruña e Barcelona. Preséntase así unha dobre edición de Sónar, a habitual de Barcelona e esta edición extraordinaria, que levará o nome de Sónar Galicia. As dúas edicións celebrar&aac

Do mesmo xeito que o Festival Sónar de Barcelona, Sónar Galicia contará cun Sónar de Día, con programación musical e cunha área multimedia e audiovisual na que terán especial protagonismo os artistas galegos. Polos escenarios de Sónar de Noite pasarán os grandes nomes da electrónica do momento.

Presentación Imaxe Sónar 2010

A imaxe de Sónar 2010 vincúlase a Galicia e tomará forma de longametraxe. A pelicula titúlase FINISTERRE e estará estruturada en seis capitulos e un epílogo. Trátase dunha viaxe de introspección de dúas pantasmas que, en Sónar 2009, decidiron facer o Camiño de Santiago até o fin do mundo para, unha vez alli, comezar unha nova etapa terreal e efémera.

Sociedade