O sabor máis gorentoso da ameixa da ría

O sabor máis gorentoso da ameixa da ría
17 de Abril, 2019 - 11:03 h. | Publicada por Radio Fene

Mugardos exalta a ameixa cunha Festa o sábado vinte de abril. Repartiranse ese dia duas mil racións do bivalvo ao prezo de dez euros. Cociñaranse uns cincocentos quilos de ameixa.

Ameixas da ría de Ferrol

O Concello de Mugardos e a confraria queren poñer en valor o atractivo culinario da vila. Desexan dar a coñecer a calidade da ameixa local. A confraria traballa tamén na rexeneración dos bancos marisqueiros do Seixo e do Baño para ampliar as concesións e aproveitar os recursos do mar. A festa arrincará á unha do mediodia do sábado da Semana Santa. Nesa xornada haberá servizo de lanchas regular entre Ferrol e Mugardos.

Ameixa fina

A ameixa fina é a de maior valor comercial, e conta co sabor máis gorentoso. Caracterízase por ter ben marcadas as estrías radiais e as lonxitudinais, que debuxan un cuadriculado patente, sobor de todo, na parte posterior, ao que debe o seu nome científico (Ruditapes decussatus). Conta con sifóns separados e moi longos, o que lle permite enterrarse na area ata uns 30 centímetros de profundidade. Soe atoparse en bancos de area grosa e atura mellor que outras ameixas os cambios na salinidade da auga, na temperatura e á exposición ao ar na baixamar. As ameixas demostran a todas luces que as rías galegas son un dos ecosistemas máis produtivos do mundo.

Sociedade

Publica o teu comentario agora