O SAE de Compostela atendeu 750 consultas no que vai de ano

O SAE de Compostela atendeu 750 consultas no que vai de ano

09 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O SAE pon a disposición das persoas emprendedoras, empresas e comercios, medios humanos e materiais para axudalos no desenvolvemento, consolidación e crecemento dos seus negocios. Cure as diferentes etapas polas que pasa unha empresa desde que aínda é un proxecto ata que xa está consolidada, coa prestación de servizos de información, orientación e asesoramento, formacións e intermediación laboral. Cada unha destas etapas conta con ferramentas propias e intégrase en programas adaptados ás necesidades que en cada momento presenta a empresa.

O SAE ten en marcha distintas iniciativas: un “Servizo de apoio ao emprendemento”; o programa “Compostela Activa”, que apoia a creación de empresas, o “Concurso de novas ideas empresariais”, para aquelas persoas que teñen unha dea de negocio, pero que non dispoñen de medios para materializala; e liña de incentivos “Axudas para a creación de novas empresas”, e a “Xornada Emprende en Compostela” para persoas interesadas en desenvolver un proxecto empresarial nos vindeiros anos e as que acaban de montar un negocio.

Pódese contactar co Servizo de Apoio á Empresa a través do correo sae@santiagodecompostela.org e obter máis información na páxina web de Promoción Económica www.maiscompostela.org.

Sociedade