O sartego de Rosalía pode volver recibir flores dende mañá

O sartego de Rosalía pode volver recibir flores dende mañá

13 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A dous días do 125 cabodano do pasamento de Rosalía de Castro, a Igrexa asinou coa Consellaría de Cultura o protocolo de colaboración para garantir a apertura inmediata do Panteón dos Galegos Ilustres, no que repousan os restos da autora de “Cantares Gallegos”, canda os de Castelao, Alfredo Brañas, Ramón Cabanillas, Domingo Fontán e Francisco Asorey. O arcebispo compostelán, Julián Barrio, e o conselleiro Roberto Varela subscr

A apertura de portas chega a tempo para que a Asociación de Escritores en Lingua Galega poida celebrar no Panteón este xoves o acto que programara na memoria de Rosalía e que estaba ameazado pola decisión da Igrexa de clausurar o espazo. O presidente dos autores, Cesáreo Sánchez demandou en Radiofusión a sinatura dun convenio que permitise o acceso libre e laico ao recinto.

Dende agora, a Consellaría de Cultura fica autorizada polo Arcebispado compostelán para xestionar e manter o monumento, así como os horarios e datas de apertura ao público. A Xunta xa adiantou que, tal e como viña acontecendo, a visita ao Panteón formará parte das actividades do Museo do Pobo Galego. Ademais, o protocolo asinado esta mañá permitiralle ao Goberno reservar o lugar durante cinco días ao ano para a celebración de actos institucionais, especificamente o 25 de xullo, Día de Galicia. O acordo ten vixencia dun ano e poderase prorrogar por anualidades de maneira automatica de non mediar inconvinte por ningunha das dúas partes.

Sociedade