O secretario e a interventora de Santiago de Compostela

O secretario e a interventora de Santiago de Compostela

15 de Marzo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

 O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ordenou repoñer nos seus postos ao secretario e á interventora do Concello de Santiago de Compostela. O auto do máximo tribunal desestimou os incidentes de nulidade presentados polas persoas que na actualidade ocupan os postos. Gerardo Conde Roa, na súa etapa de alcalde, segundo se revela no sumario da operación Pokemon, presionou a Núñez Feijoo, para axilizar o relevo dos dous funcionarios, que poñ&ia

As destitucións deberán producirse en breve, tendo en conta que no auto de execución de dicha sentencia solicitado pola CIG o TSXG daba ao alcalde un mes para proceder en tal sentido, con advertencia expresa da imposición de multas ao rexedor no caso de non facelo. O Concello deberá repor nos seus postos a quen eran titulares de ambas as prazas no 2012 -Javier Castiñeira e Inmaculada Viña-, antes de que o goberno de Conde Roa decidise a súa substitución por quen as ocupan agora.

Conde Roa dimitiu como alcalde en abril do 2012 tras ser imputado por un presunto delito contra a Facenda Pública. O seu sucesor, Angel Currás, dimitiu en xuño do 2014, ao ser imputado na trama de corrupción política coñecida como a Operación Pokemon. No seu lugar, o Partido Popular designou como alcalde a Agustín Hernández, terceiro alcalde na presente lexislatura.

 

Sociedade