O sector da lousa negocia coa Xunta o levantamento das restricións do uso deste material en cubertas

O sector da lousa negocia coa Xunta o levantamento das restricións do uso deste material en cubertas

05 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Máis da metade das cubertas de lousa que se colocan no mundo proceden das canteiras da nosa comunidade e, a partir de agora, van estar amparadas baixo a marca Lousa de Galicia-España. Esta medida forma parte do plan de marketing global que acordaron entre a Consellería de Economía e a Asociación Galega de Pizarristas. A Xunta destinará preto de 600.000 euros a apoiar a promoción

"Trátase dun problema complexo, pero o estamos a tratar coa Consellería de Medio Ambiente, Infraestructuras e Territorio”, contou a Radiofusiòn o presidente da Asociación Galega de Graniteiros, Jesús Vidal, quen defendeu que este sector eminentemente exportador debería ter o seu oco en Galicia, especialmente na actual conxuntura económica. Nos dous últimos anos os produtores de lousa viron reducidas as súas ventas nun 40%, unha caída asociada á crise na construción mundial.

Pola contra, desde os colectivos ecoloxistas critican ao sector da lousa polo impacto que a súa actividade provoca na paisaxe e o medio natural. As principais denuncias diríxense cara á situación de “ilegalidade” de algunhas das canteiras, a realización de extraccións a ceo aberto e o uso de métodos considerados obsoletos.

Sociedade