O sector lácteo alcanza un pacto sobre o prezo medio nos contratos homologados

O sector lácteo alcanza un pacto sobre o prezo medio nos contratos homologados

21 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O tan ansiado pacto entre Goberno, industria, distribución e produtores lácteos puido acadarse onte en Madrid, trala reunión mantida por representantes de todas as partes implicadas na actual crise do sector e que afecta a mais de 10.000 familias galegas que viven das explotacións. As partes suscribiron un acordo que impulsa un prezo medio referenciado ao que haxa en Francia mais un diferencial do transporte para os contratos homologados

Así, industrias e cooperativas comprométense a xeneralizar o sistema de contratos homologados para o pagamento do leite recollido nas explotacións. Utilizarase como base o contrato tipo homologado rexistrado oficialmente para o sector leiteiro español e recollido na correspondente Orde do Ministerio de Medio, e Medio Rural e Mariño (MARM).

 

 

En cada contrato individual que se subscriba figurará, obrigatoriamente, o prezo acordado entre gandeiro e subministrador e industria e comprador. Este prezo se definirá cun sistema de indexación que terá en conta, a falta de referencia nacional, a media anual dos prezos practicados noutros Estados membros, principais subministradores de leite a España, en particular Francia, tendo como referencia o publicado por l´Office de l´Élevage xunto co custo medio dos servizos de transporte. Tamén debe incluírse a duración temporal do acordo e as cantidades vinculadas por este.

 

A distribución valorará especialmente aos subministradores que teñan a súa orixe en provedores que acrediten o cumprimento das relacións contractuais ás que se refire o acordo.

 

Mentres, a distribución comprométese a utilizar todos os mecanismos ao seu alcance para garantir a calidade e a trazabilidade dos produtos lácteos, así como a realización dos controis necesarios.

 

Pola súa banda, o MARM acelerará a entrada en vigor do proxecto de Real Decreto que establece o sistema de trazabilidade. Desde a sinatura deste Acordo ata a entrada en vigor do citado Real Decreto, a distribución sinalará de forma destacada o leite e produtos lácteos procedentes de explotacións gandeiras españolas, sempre en función da información que lle fose proporcionada polo último subministrador e da que este acredite nas etapas anteriores da cadea.

 

Ademais, as partes asinantes do presente acordo constituirán un Comité de Seguimento, que permita impulsar a súa aplicación entre as organizacións asinantes, coñecer a súa evolución e realizar propostas para a súa mellora Definitions */ p.MsoNormal, li.MsoNormal, div.MsoNormal {mso-style-parent:\"\"; margin:0cm; margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:12.0pt; font-family:\"Times New Roman\"; mso-fareast-font-family:\"Times New Roman\"; mso-ansi-language:GL;} @page Section1 {size:612.0pt 792.0pt; margin:70.85pt 3.0cm 70.85pt 3.0cm; mso-header-margin:36.0pt; mso-footer-margin:36.0pt; mso-paper-source:0;} div.Section1 {page:Section1;} -->

.

 

As organizacións agrarias Xóvenes Agricultores (XX.AA.), Unións Agrarias (UU.AA) e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA), valoraron “moi positivamente o acordo” e o cualificaron de “punto de inflexión para as reivindicacións a prol dun prezo xusto para os gandeiros”. Con isto, estas institucións pechan as mobilizacións iniciadas o día 13 de xullo e desconvocan as concentracións de tractores.

 

O punto de discordancia partiu do Sindicato Labrego Galego (SLG), que cualificou o acordo de “pantomima” e non firmou o acordo. A razón principal está en que “non se está a ofertar un prezo mínimo, ni por enriba, nin por debaixo dos custes”. Para a responsable do sector gandeiro do SLG, Lupe Prado, “non existe ningunha garantía de que vaian a pagarnos polo leite máis do que nos custa producilo”, polo que desde o sindicato non “consentirán” que as explotacións “segan endebedándose ata o peche”. Pola súa banda, Carme Freire, secretaria xeral da organización labrega, considerou que o verdadeiro interese é “desmobilizar un sector que leva meses de importantes accións reivindicativas, intensificadas nesta última semana”, e anunciou que seguirán movéndose “nas rúas” e “dando batalla nos despachos”.

Sociedade