O sector mineiro facturou 750 millóns de euros en 2008 cun lixeiro descenso respecto a 2007

O sector mineiro facturou 750 millóns de euros en 2008 cun lixeiro descenso respecto a 2007

18 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A facturación do sector mineiro ascendeu aos 750 millóns de euros en 2008, aproximadamente, polo que experimentou un lixeiro descenso respecto a anos anteriores. O presidente da Cámara Oficial de Minería de Galicia, Francisco Aréchaga, explicou hoxe que este resultado representou unha consecuencia da influencia da crise econ

Aréchaga explicou hoxe que a facturación anual se viu afectada pola vinculación ao sector da construción, un dos máis prexudicados pola crise. A pesar diso, aclarou que no ámbito da minería sempre existiron moitos ciclos con momentos álxidos e baixos polo que avogou pola necesidade de adaptarse aos novos tempos. O responsable da Cámara participou na presentación da primeira Conferencia Internacional de Minería Sostible, que en abril atraerá ao Pazo de Congresos de Santiago a "expertos de todo o mundo" en xestión mineira. O director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Anxo Ramón Calvo Silvosa, destacou que se tratará “dunha mostra dos modelos de xestión" no sector que "fan compatible un desenrolo económico", o "coidado" ambiental e o "progreso social". Calvo Silvosa explicou que o Congreso incidirá nos modelos de xestión mineira máis avanzados, en aspectos de vangarda na profesión e como punto de encontro no que intervirán 16 expertos internacionais de países como Estados Unidos, Canadá, Reino Unido, Portugal, Brasil e Bolivia. 

Pola súa banda, o presidente da Cámara Oficial de Minaría de Galicia avanzou que as intervencións se repartirán nos apartados Minería e Sociedade; ordenación do territorio e xestión ambiental; e innovación tecnolóxica e investimentos e empresas. Celebrarase entre o 15 e o 17 de abril, no Pazo de Congresos de Compostela.

 

 

Sociedade