O sector naval para a criación de emprego

O sector naval para a criación de emprego

29 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Parlamento de Galicia aprobou este mediodia por unanimidade tomar en consideración a Iniciativa Lexislativa Popular en defensa do sector naval. A proposta remarca o caracter estratéxico da construcción de buques e as súas posibilidades para xenerar emprego nunha época de crise. A iniciativa reclama asimesmo o levantamento do veto para que a antiga Astano poida acceder á construcción naval civil. Contou co respaldo de 18.000 cidadáns de Ferrolterra e

Astano espera de todos vostedes que remen xuntos na mesma dirección, afirmou este mediodia no Parlamento de Galicia en Santiago de Compostela o voceiro da comisión Rumbo 21 Jesús Varela.
Señorias, non é de recibo continuar a ignorar e a infrautilizar o estaleiro de Fene manifestou na súa intervención Varela Rivas. En nome de Rumbo 21 realizou un percorrido histórico polo sector naval galego nas últimas décadas. Indicou que a construcción de buques ten un rol importante na estructura industrial, que merece unha consideración especial. Hai mercado para a construcción naval e unhas instalacións que foron concebidas para elaborar barcos, segundo salientou Varela.

En nome do BNG, o ex conselleiro de Innovación e Industria Fernando Blanco, indicou que as institucións non poden seguir como espectadores ate o remate das restriccións da Unión Europea no ano 2015. O estaleiro de Fene continuaría deteriorandose se non se utiliza e se aproveitan as súas instalacións para a diversificación industrial. Hai mercado, man de obra cualificada e infraestructuras, as tres hélices que permiten o vó dunha industria.

Beatriz Sestayo, do PsdeG PSOE, ofreceu a súa vontade inequívoca de traballar para lograr un texto legal que ofreza seguridade xurídica para o sector da construcción naval. Facer un instrumento util para o emprego en Ferrolterra, salientou a deputada socialista. Sestayo comprometeu o interese de Rodriguez Zapatero para levar á Unión Europea estas propostas, aproveitando o semestre no que España presidirá a comisión.

A parlamentaria Natalia Barros proclamou tamen o apoio á iniciativa en nome do Partido Popular. Barros lembrou o caracter estratéxico do sector naval para a economía da comarca de Ferrolterra. Instou ao goberno central a levantar o veto á construcción civil no estaleiro de Fene. Tamén reclamou a criación dun gran centro de reparacións na ria de Ferrol. Afirmou que a industria auxiliar do sector naval sofreu unha importante crise a pesar de ter sido motor de innovación.

A Iniciativa Lexislativa Popular indica no seu artigo cuarto:

De conformidade co estabelecido no artigo 55 do Estatuto de Autonomía, a Xunta de Galiza:

1.    Negociará co Estado a súa participación directa na xestión das empresas públicas estatais integradas no sector naval de Galiza e que, pola súa natureza, non podan ser obxecto de traspaso.
2.    Negociará co Estado o traspaso dos activos dos que as empresas estatais integradas no sector naval de Galiza sexan titulares e que non estean sendo aproveitados para a construción, reparación ou transformación de buques ou outros artefactos flutuantes.

A proposición de Lei tamén recolle unha disposición final na que marca que “a Xunta de Galiza desenvolverá as actuacións precisas para lograr a volta das instalacións do estaleiro de Navantia no Concello de Fene á construción naval civil”.

Sociedade