O sector naval, un sector estratéxico que non se pode perder

O sector naval, un sector estratéxico que non se pode perder

08 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O sector naval esixe ao goberno de España que chegue a unha resolución en Bruxelas antes do 30 de setembro, xa que pronlongar esta situación de ausencia de traballo, podería derivar á desaparición deste sector.

A esta conclusión chegaron distintos representantes do sector a nivel estatal que esta mañá se reuniron xunto co Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, quen asegurou que tanto o sector naval galego coma o español atópanse nunha encrucillada que debe solucionarse de inmediato. 

 

 

Non obstante, os presentes na reunión amosáronse relativamente satisfeitos e optimistas, á espera de que a resolución que piden ao goberno sexa favorable e permita que un sector estratéxico e de vital importancia histórica como é o naval, non desapareza e siga dando traballo tanto directo como indirecto a milleiros de persoas.

Institucional