O segredo do embigo

O segredo do embigo
16 de Febreiro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Nura descubriu o segredo que garda no embigo. Nunca máis terá medo”. Juanma Sánchez, experto en banda deseñada e xogos recoméndanos así o conto de Míriam Tirado “O fío invisible”.

ESCOITA O PODCAST:

“Trata sobre os vínculos que nos unen, axuda a fortalecer os vínculos e que afronten as separacións”, explica Juanma. “Vale para calquera tipo de situacións, o primeiro día do cole, a morte dun ser querido…” Hai tamén unha edición para os máis pequerrechos, que non saben ler. Quen prefira agasallar a nenos e nenas con xogos de mesa, pode elixir Busca bichos. É unha novidade, sinala o xerente de Cáprica que anuncia para este sábado partidas a dous de xogos de mesa para rapazada a partir de 13-14 anos.

Sociedade

Publica o teu comentario agora