O Sergas confirma que non hai pediatras

Representantes de toda a corporación de Fene reuníronse co Xerente da área sanitaria de Ferrol
10 de Outubro, 2019 - 01:11 h. | Publicada por Radio Fene

O xerente da área sanitaria de Ferrol informou que será dificil cubrir a praza de pediatría no centro do Tarrío de Fene.

ESCOITA O PODCAST:

Non hai médicos, nin pediatras nin de familia, para sustituir as baixas no centro de saúde do Tarrío. Esa é a explicación que deu onte o xerente da Área Sanitaria de zona aos representantes municipais de Fene que acudiron onte a primeira hora da tarde a unha reunión con Angel Facio. Gumersindo Galego informounos esta mañá do resultado da xuntanza que se alongou ata ben entrada a tarde.

O xerente comprometeuse a estar pendente e poder dotar dun pediatra a Fene, porque unha das baixas de pediatría vai para longo, segundo nos explicou Gumersindo Galego. O problema é que os sustitutos queren estabilidade e non traballar poucos dias, daí que sexa moi difícil atopar a algún especialista que acepte.

Non eran poucos os problemas para que coñecesemos onte o falecemento do médico que tiña a praza no centro de saúde do Pombal en Maniños, o moi querido Luciano Pita Sánchez, soterrado onte no cemiterio parroquial de Fene.

Institucional

Publica o teu comentario agora