O Sergas retrasa a solución sobre a diálise no Barbanza

O Sergas retrasa a solución sobre a diálise no Barbanza

15 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O Sergas adía a resolución ás demandas sobre as eivas no servizo de nefroloxía do Hospital do Barbanza e resístese a confirmar a súa privatizacións. A xerente da sanidade pública galega, Rocío Mosquera, requirida por esta cuestión a instancias do BNG en comisión parlamentaria, recoñeceu que se está a estudar “a oferta de empresas e fundacións que poidan prestar un servizo

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública manifestouse onte en Ribeira para reclamar da Xunta que amplíe o servizo de diálise no Barbanza. O persoal dispoñible non abonda para atender a demanda durante os tres días de funcionamento á semana. Cada sesión de diálise chega para atender a doce pacientes de nefroloxía, e aqueles que fican sen tratamento deben desprazarse até o Complexo Hospitalario de Santiago. Xa transcendeu que o Sergas, co propósito de aforrar, en troques de contratar máis persoal está a analizar a proposta da  Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo, en cuxo padroado figura o ex ministro de Sanidade do Partido Popular, José Manuel Romay Beccaría, e que traballa noutros centros públicos galegos, porque coida que se trata dunha opción máis barata. 

Institucional