O shiatsu alivia dores musculares e sobe as defensas

O shiatsu alivia dores musculares e sobe as defensas

29 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Practícase nas Termas de Outariz en Ourense e o domingo farase unha demostración gratuíta no Espazo Karuna de Fene. Falamos do Shiatsu, unha terapia xaponesa que ten múltiples beneficios para a saúde. As encargadas de proporcionar este masaxe xaponés en Fene serán as terapeutas, Patricia Lamas, Alba Leal e Ana Morales, formadas na Escola xaponesa de Madrid. Con elas falamos sobre as excelencias e a mecánica do Shiatsu.

Entre os beneficios do Shiatsu están a mellora do cansancio, o alivio das dores musculares e das articulacións, activar a circulacion sanguínea e subir as defensas.

Este domingo 3 de outubro o Espazo Karuna de Fene ofrece unha sesión gratuíta para que as persoas coñezan o shiatsu e reciban unha masaxe de proba. A sesión empeza ás cinco e remata ás sete da tarde. O Espazo Karuna está na Avda de Conces nº 7, baixo.

Sociedade