O Sindicato Labrego denuncia unha “sangría silenciosa”: Trece galegos faleceron este ano usando maquinaria agrícola

O Sindicato Labrego denuncia unha “sangría silenciosa”: Trece galegos faleceron este ano usando maquinaria agrícola

30 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Trece agricultores galegos faleceron no que vai de ano en accidente laboral e centos de traballadores deste sector sufriron feridas de consideración durante o 2009. Son estas cifras do Sindicato Labrego Galego, que contrastan coas estatísticas oficiais que reflicten unha media de dous ou tres mortos anuais e unha trintena de feridos graves. O grande desfase prodúcese porque a Administración non computa a sinistralidade de aqueles que cotizan ao Réxime Especial Agrario, sit

O  Sindicato Labrego Galego presentou o Estudio sobre a siniestralidade no uso da maquinaria agrícola, no que se analiza a problemática da accidentalidade no sector agropecuario, ao tempo que apunta unha serie de recomendacións para evitala. O informe apunta como o sinistro máis habitual o envorco dun tractor por parte dun varón de máis de 60 anos. Baseándose nestes datos, Antonio Ferreiro defendeu en Radiofusiòn a necesidade de implantar medidas de seguridade no envellecido parque de maquinaria agrícola que existe na comunidade. “Non pode ser que continúen circulando tractores e motocultores sen arcos de seguridade”, aseverou. Tendo en conta o momento de crise que padece na actualidade o sector agrogandeiro, desde o Sindicato Labrego Galego entenden que máis que substituír a maquinaria existente, habería que fomentar a súa adaptación e para iso pide axuda á Administración a través dun plan de subvencións públicas.

Á marxe da mellora dos vehículos, as vías de solución da alta taxa de sinistralidade do agro pasan, argumentou Antonio Ferreiro, pola formación e a información. Os propios traballadores do campo deben concienciarse sobre o problema e aprender as medidas de prevención básicas e con ese fin o sindicato elaborou o manual práctico Seguridade vial e prevención de Riscos específicos na maquinaria agrícola. Tamén os medios de comunicación, advertiu Ferreiro, debemos prestar máis atención a esta problemática, e así evitar que se continúe a producir unha “sangría silenciosa”.

Sociedade