O Sindicato Obreiro Galego, berce da CIG

O Sindicato Obreiro Galego, berce da CIG

08 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O 20 e 21 de xuño a Confederación Intersindical Galega celebrará o seu V Congreso Nacional. Comezou xa de feito o proceso de elección de delegados nas diferentes federacións e comarcas do sindicato. Botamos a vista atrás ao nacemento do sindicalismo nacionalista, o Sindicato Obreiro Galego.

O núcleo industrial de Ferrol é un dos piares nos que se asentou o SOG. No vrán de 1973 créase o Frente Obreiro da UPG nunha xuntanza en Pontevedra. En xuño de 1974 aparece o primeiro voceiro do Sindicato Obreiro Galego, o Eixo, chamando a boicotear as eleccións ao Sindicato Vertical do franquismo. Trátase da primeira iniciativa organizada para conxugar os principios do nacionalismo coa actividade sindical.

 

En maio de 1975 aparecen as primeiras pintadas do SOG nas rúas de Ferrol. O Sindicato penetra con rapidez en empresas como Astano, Bazán e Endesa, sobre todo entre os traballadores máis xovenes. O labor de galeguistas como Xosé María Pérez Parallé (mestre de aprendices no estaleiro de Perlío) e o impacto social que provoca a morte a tiros de Moncho Reboiras, influirán para achegar a moitos mozos ao sentimento nacionalista. 

 

Algúns dos impulsores do SOG lembran tamén a falla de reflexión e intransixencia que en moitas ocasións caracterizou a súa actuación. A iso se lle poden achacar conflictos como a expulsión do SOG dun colectivo de traballadores de Bazán pertencentes ao PSG.

Sociedade