O Slalom Scratch Fene volve ao mesmo escenario

Celebrarase o 28 de novembro en Vilar do Colo
19 de Outubro, 2020 - 02:28 h. | Publicada por Radio Fene

É casi seguro que o Slalom Scratch Fene se celebre o sabado 28 de novembro. A escudería fenesa ultima todos os detalles da ubicación do circuito, de novo na área industrail de Vilar do Colo.

ESCOITA O PODCAST:

O Slalom Scratch Fene cumple 16 anos e volverá á súa cita anual o sabado 28 de novembro no mesmo escenario dos últimos anos, na área industrial de Vilar do Colo. O seu promotor Edgar Vigo confirmou ao 99% que así será. O slalom, puntuable para o Campionato galego, celebrarase dous dias antes de que se inaugure, nas inmediacións do circuito, a nova gran área comercial de Mercadona. Este ano é posible a realización da proba deportiva grazas ao apoio do concello porque coa situación actual non poden pedirlles cartos ás firmas comerciais patrocinadoraseste. No ano de pandemia que provocou o peche de moitas delas durante a alarma sanitaria e cando a súa recuperación económica non da chegado. Explica Edgar Vigo que “sin a axuda do concello non sería factible sacala adiante”. Como agradecemento ás casas comerciais polo apoio prestado nos últimos 15 anos, editarase unha revista onde aparezan reflexadas como sempre. O Slalom de Scratch Fene ten pendente ubicar o parque de asistencia para xa falar de prazos de inscripción. Será a segunda proba que se celebre este ano despois da de Guitiriz, que tamén organizou a escudería fenesa.

 

(Na imaxe, Edgar Vigo e Fátima Ameneiro)

Deportes

Publica o teu comentario agora