O SLG cualifica de “irreponsabilidade” o pacto proposto por Elena Espinosa

O SLG cualifica de “irreponsabilidade” o pacto proposto por Elena Espinosa

20 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Sindicato Labrego Galego (SLG) manifestou a súa preocupación polas declaracións da ministra de Medio Ambiente, Rural e Mariño (MARM), a galega Elena Espinosa, nos días previos á reunión que representantes do seu ministerio terán hoxe coas organizacións agrarias en Madrid. Espinosa declarou, o pasado 8 de maio, que descoñece a gravidade da situación do sector lácteo, así como o feito de que se estiveran a pro

Sen embargo, o pasado fin de semana rectificou ao recoñecer que “o sector lácteo está pasando por unha mala situación”. Tras esta toma de consciencia, acordou convocar ao sector na procura dun “pacto” para solucionar a crise.

 

O SLG cualificou esta medida de “irresponsabilidade”, e instou ao presidente do Goberno, como responsable máximo do Executivo español, a “cuestionarse que equipo ten á fronte dos problemas do sector agrogandeiro do Estado”, xa que “ademais de amosarse incapaz de comprender as dimensións da problemática do sector leiteiro, sostén teorías abraiantemente incoherentes e afastadas da realidade do sector como afirmar que ningunha explotación vai desaparecer pero as que quedan teñen que redimensionarse”.

Para esta organización agraria, “é deber do Goberno actuar contra as ilegalidades poñendo a xustiza e os mecanismos de control para que estas non se dean” e estableceu a “solución deste conflito” nunha “acción politicamente radical: garantir un prezo xusto para o leite”.

Tractorada do 26 de maio

O SLG xa puxo en a campaña de coordinación da mobilización en forma de tractorada que o sector ten programada para o vindeiro martes 26 de maio. Co fin de organizar e planificar esta acción o Sindicato Labrego Galego vai levar a cabo un número importante de asembleas comarcais. Nestas asembleas organizarase a nivel comarcal a convocatoria da tractorada, así como os lugares de concentración e os recorridos a levar a cabo para o dia 26 de maio.

Sociedade