O SLG persóase como parte interesada contra Erimsa

O SLG persóase como parte interesada contra Erimsa

21 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Sindicato Labrego Galego (SLG) persoouse como parte interesada no contencioso administrativo que Erimsa interpuxo contra a decisión do Concello de Cospeito e A Pastoriza de non considerar outorgadas as licencias para a extracción de cuarzo nestes concellos por silencio administrativo.

Ámbolos dous concellos, que se integran no proceso como demandados, informaron á organización agraria da posibilidade desta opción en días pasados. O SLG valorou positivamente esta acción xudicial, para poder “seguir tendo a oportunidade, esta vez no Xulgado, de opoñernos a estas concesións de licencia”.

O proceso comezou no pasado mes de maio de 2008, cando Erimsa presentou nos concellos de Cospeito, Pastoriza, Castro de Rei e Abadin a solicitude de licencia para a extracción do cuarzo, que estivo a exposición pública, e contra a cal presentamos centos e alegacións.

No propio 2008, Erimsa tiña presentado un escrito nos devanditos concellos para que, pasados os tres meses desde a presentación, o silencio administrativo lle fose considerado positivo. Todos os municipios emitiron resolucións no sentido contrario, contra as cales Erimsa interpuxo recurso.

O Sindicato Labrego informou que vai a seguir utilizando “todas as armas que teña ao seu alcance” para “evitar que esta actividade extractiva se implante na comarca”, xa que consideran “que traería consigo o inminente peche de explotacións pola perda de base territorial”.

Sociedade