O Son de Cociña gaña o certame de tapas na modalidade creativa

O Son de Cociña gaña o certame de tapas na modalidade creativa

02 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A tortilla de O Son de Cociña de Perlío alzouse este mediodia co premio de pinchos creativos do Certame de Tapas de Fene. En segundo lugar quedou o Vols au vent recheos do Café Bar Las Vegas. O xurado fixo público este mediodia o seu veredicto despois de catar esta mañá todas as tapas presentadas a esta modalidade co concurso. A entrega de premios realizaráse o xoves 16 de abril ás 11 da mañá no CCRD Perlío.

Determinaron os gañadores, Angela Mourín, do Restaurante La Estrella de Lugo, Mar Serralbo, do Diario de Ferrol, Raquel Miragaya do Instituto Fragas do Eume de Pontedeume, María Pérez, da Asociación de Comerciantes de Fene e o concelleiro de Promoción Económica Manuel Polo. Participaron na modalidade de tapa creativa ademais dos gañadores, a cafetería do Circulo de Fene,  o Mesón Porto de Veiga, o Restaurante de Vilar do Colo, a cafetería Lembranza e a cervexería Tarnas. As persoas que votarán por unha ou outra tapa neste certame optan ao sorteo de bonos de 30 euros para consumir en tendas adheridas á Asociación de Comerciantes O Cruceiro. Tamén optan ao sorteo de estancias de fins de semana en casas rurais das comarcas de Ferrol e Ortegal. A concellería de Promoción Económica de Fene convocou esta segunda edición do certame de tapas coa pretensión de dinamizar e potenciar a hostelería local.

Sociedade