O son do tambor e o exotismo de Ibou Djembé en Ferrol

O son do tambor e o exotismo de Ibou Djembé en Ferrol

23 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O percusionista senegalés Ibou Djembé é un artista único no seu estilo que trasmite toda a forza da súa música a través do seu tambor africano. Ibou presenta agora o seu último traballo discográfico titulado "Biodiversidade", gravado integramente en A Coruña. Actuará no Centro Cultural Carballo Calero mañá sábado dentro do programa a “ Cultura nos barrios”.

Ibou é compositor e mestre do djembé na cidade da Coruña dende hai seis anos. O yembé é un instrumento de percusión similar a un tambor, cuberto de pel que se toca coas mans. Este instrumento ten a súa orixe en Mande (África Occidental). Dende esa zona migrou posteriormente a Senegal, onde forma parte integral da música e as tradicións da zona.

Os protagonistas, xunto con Ibou, son os cinco músicos e bailaríns que o acompañan: Ibrahima Ndiaye, Valerio, Alionne Badara Sow, Frank e Fernando. A súa proposta musical consiste en melodías baseadas na percusión dos tambores que contaxian a quen os escoitan, ataviados coas roupas coloristas e típicas africanas.

Un espectáculo que non deixará indiferente ao público. Calidade musical enmarcada no exotismo, na execución do instrumento deste enigmático músico, acompañado doutros cinco percusionistas que interaccionan os ritmos dos tambores, a danza e as voces da África máis profunda e trival.

A música africana de Ibou Djembé mañá sábado no Centro Cultural Carballo Calero ás sete da tarde con entrada de balde.

Sociedade