O soro do leite transfórmase en enerxía

O soro do leite transfórmase en enerxía

24 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Converter o soro do leite en bioetanol. Iso será posible grazas a un procedemento desenvolvido por investigadores coruñeses do Grupo Exprela (Expresión Xénica en Fermentos e Aplicación). Acaban de rexistrar a patente e traballan para que unha empresa de queixos poida utilizar os refugallos do seu produto para abastecerse enerxeticamente. Un exemplo de excelencia ambiental e de eficiencia enerxética dado o alto poder contaminante do bioetanol.

Trátase dun procedemento bastante sinxelo, explicou en Radiofusión o responsable do mesmo, Manuel Becerra. O soro do leite contén materias como a lactosa e este zucre pode ser consumido polos microoganismos. Estas levaduras fermentan a lactosa producindo bioetanol. Logo éste queimase para obter enerxía capaz de mover a empresa. O remanente do soro da leite é altamente contaminante cun alto contido de osíxeno e hai que transportalo a outro lugar para o seu procesamento.

Os investigadores xa levan bastante tempo traballando neste proxecto pioneiro. Comezaron con cepas de levadura que non chegaron a fermentar a lactosa e tiveron que transformala mediante enerxía xinética. A posta en marcha da pranta piloto será posible grazas á colaboración da empresa Queizuar de Touro, produtora dos queixos "Bama" da denominación de orixe  Arzúa-Ulloa.

Traballan para ver si pode reproducirse a escala de laboratorio e industrial. Para iso destilan o bioetanol para logo queimalo e mover toda a maquinaria da empresa. Confían en que a fábrica poida abastecerse deste xeito e que sexa extrapolable a outras empresas. “Ao principio non abastecerá ao 100% a fábrica pero será rendible para substituir o gasoil empregado polo bioetanol”, sinalou Becerra.

O equipo de científicos agarda os primeiros resultados deste proxecto piloto para finais deste ano ou comezos do que vén. Solventaríanse así dous problemas. A utilización do exceso de 15 mil litros diarios de soro xerados e por outra banda o seu uso para a producción do bioetanol para xerar enerxía que os abasteza, evitándose os residuos.  

Sociedade