O sorriso de Irene

O alumnado do colexio Centieiras de Perlío fainos unha nova entrega do programa "Crónicas de Centieiras"
14 de Decembro, 2018 - 01:02 h. | Publicada por Radio Fene

Escoitade a última entrega do 2018 de "Crónicas de Centieiras" unha experiencia escolar radiofónica que facemos en colaboración mútua entre o ceip Centieiras de Perlío (Fene) e Radio Fene. O protagonista é o alumnado de 6º de Primaria.

ESCOITA O PODCAST:

"Sempre nos lembramos de Irene, do seu sorriso de orella a orella" É unha das cousas que contan os alumnos e alumnas de sexto curso de primaria do colexio Centieiras no último programa "Crónicas de Centieiras" de 2018. Por iso, por estar a piques de rematar o ano, lembranse dos mestres que marcharon do centro, ben por traslado ou xubilación. De Ramón, de Antón...Especialmente detivéronse esta vez nas actividades realizadas no centro con motivo do 25 N "Dia contra a violencia de xénero". Tamén nos falan de robots e de castañas, e do belén que instalan cada ano na entrada do centro e ao que "non lle falta de nada".

Cultura

Publica o teu comentario agora