O surrealismo enxebre de As Cantareiras de Ardebullo en Ordes

O surrealismo enxebre de As Cantareiras de Ardebullo en Ordes

12 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Verán Cultural ordense segue pegando forte no município. Mañá venres día 13 de agosto, contará cunha das súas actuacións máis esperadas, a das “Cantareiras de Ardebullo”. Unha cita co humor galego que terá lugar na Alameda de Ordes a partir das 22 horas e que servirá de antesala para a celebración das festas patronais do municipio que darán comezo o sábado.

Ademais, outra gran cita musical terá lugar nesta xornada na Alameda ordense, a celebración da Noite Folk que contará coa actuación de dous grupos, Limagoia e Axóuxere, a partir das 22 horas.

O concelleiro de Cultura e Deporte, José Ramón Vázquez Raña, animou a veciños e a visitantes a que participen nestes últimos actos do Verán Cultural antes das festas patronais. Asemade amosou a súa satisfacción pola boa acollida que están a ter todas as actividades recollidas neste programa cultural municipal preparado para esta época estival.

Sociedade