O teatro denuncia e move

O grupo de teatro A Semente reprograma "Falsas denuncias" de Carlos Basoa
14 de Novembro, 2018 - 12:50 h. | Publicada por Radio Fene

O grupo A Semente volve poñer sobre o escenario a obra escrita e dirixida por Carlos Basoa "Falsas denuncias". Foi tal o éxito na estrea do 2017 diante do 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero, que compre dar a oportunidade de vela de novo, este sábado 17 de novembro ás sete da tarde no Centro social da Tenencia en Caamouco (Ares).

ESCOITA O PODCAST:

O domingo 25 de novembro conmemorase o Día contra a violencia machista. O grupo de teatro A Semente presenta a obra “Falsas denuncias” dirixido por Carlos Basoa. Forma parte dos actos pola eliminación da violencia contra a muller. Este sábado dezasete de novembro represéntase ás sete da tarde no Centro social da Tenencia en Caamouco. "Falsas denuncias" é unha obra que aborda a violencia de xénero, unha obra que se interrompe por momentos para que un grupo de víctimas doutros tempos animen, critiquen e reflexionen sobre o pasado, o presente e o futuro da muller. Da xustiza, os métodos e os veredictos, tamén fala diso a peza. Co autor e director da obra, Carlos Basoa, falabamos con motivo da estrea da obra no 2017.

Cultura

Publica o teu comentario agora