O teatro do Brasil chega a Braga

O teatro do Brasil chega a Braga

04 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

As compañias de teatro do Brasil Casa Amarela e Fato representan esta semana no Theatro Circo de Braga as súas últimas novidades. Unha boa ocasión para contemplar o traballo dramático que se realiza na outra beira do Atlántico.

A Companhia da Casa Amarela representa os dias 5,6 e 7 de maio a obra "Candim", unha representación que fecha a triloxia adicada a pintores iniciada con "Vincent - Por um toque de amarelo". Candim, neno simple, soñador, de pés descalzos e pantalóns curtos, vive intensamente as aventuras da súa cidade natal, Brodósqui.

 

A Compañia Fato trae a peza "Soltando os cachorros", que o 8 de maio (21,30h) representan as actrices Lavinia Pannunzio, Leticia Teixeira e Rachel Riani. TRes grandes escritoras do século XX - Hilda, Cassandra e Marisa- comparten o feito de seren mulleres malditas e de ter morto nos primeiros anos do segundo milenio. 

 

Theatro Circo / Municipio de Braga

avenida da liberdade, 697

4710.251 Braga

Telefone 351 253 203 800

reservas@theatrocirco.com

 

Cultura