O teatro infantil ten que seguir

O teatro infantil ten que seguir
18 de Xaneiro, 2021 - 12:51 h. | Publicada por Radio Fene

O grupo A Laberca trae este domingo a Valdoviño a súa obra A Tartaruga Manola.

A Casa da Cultura de Valdoviño acollerá este domingo 24 de xaneiro a representación da obra «A Tartaruga Manola», a cargo do grupo A Laberca. A función, dirixida a un público infantil, principiará ás 18 horas. As persoas interesadas en asistir poden retirar as súas invitacións na Casa da Cultura entre hoxe e o xoves en horario de 16 a 19 horas (ou ata esgotar prazas). A obra ofrecerá aos máis pequenos e pequenas diversión, aventuras, música e moito aprendizaxe, as catro claves do espectáculo. "A Tartaruga Manola” é un conto que trata un dos temas máis importantes que nos toca abordar na actualidade, a conservación do lugar onde vivimos todos os seres vivos, o noso planeta, e como debemos actuar se queremos que siga sendo un lugar habitable para nós e para os que veñan despois.

 

 

 

Cultura

Publica o teu comentario agora