O tempo esgótase para calquera movemento das caixas fóra de Galicia

O tempo esgótase para calquera movemento das caixas fóra de Galicia

04 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A resistencia de Caixanova á alianza con Caixa Galicia fracasará, segundo a maioría das opinións, que de maneira máis ou menos explícitas dan a operación por consumada. Malia que agora se debuxe un escenario de fusión previa con caixas foráneas, “o Banco de España, que dirixe todo o proceso, fixa prazos limitados, o que obrigaría a facer todo con extraordinaria celeridade”, considera o profesor Manuel Fernández G

No caso dunha fusión entre as dúas entidades galegas, a relación dos clientes coa súa caixa de aforros verase alterada. “Dependendo do tipo de alianza, poderían resultar perxudicados os clientes das poboacións de reducido tamaño”, analiza o membro da comisión permanente do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA), coautor asemade da obra “El sistema bancario de Galicia”: “O primeiro paso sería eliminar as redundancias no número de oficinas e persoal”, explica Manuel Fernández Grela.

Mais nada se pode concluir ata escoitar a voz de Alberto Núñez Feijóo.Os axentes sociais galegos agardan a que o presidente da Xunta exprese por fin a preferencia sobre o modelo de unha ou dúas caixas para o mapa bancario galego. “O seu papel non é vinculante, pero si determinante: non pode ordear a fusión, pero si bloquear o que non lle agrade”, lembra o profesor da academia compostelá.

Institucional