O Torneo de chave do Luanova entra na recta final

O Torneo de chave do Luanova entra na recta final

14 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por

Os equipos do Pazo, Lua nova, Limodre e Mandiá son algúns dos favoritos no Torneo de chave café bar Luanova de Sillobre (Fene). Dos 29 equipos participantes, 18 clasificaronse para os octavos de final que comezarán esta mesma tarde. Ademáis repescaráse a outro conxunto, para facer cadrar os emparellamentos.

O Torneo  de chave do Luanova permite a participación dos equipos pequenos que teñen a oportunidade de enfrentarse aos grandes e opcións de chegar á final.

Os favoritos , segundo un dos promotores, Xaime Iglesias, poderían ser os gañadores do ano pasado, pero hai outros emerxentes como por exemplo, o Limodre, o Mandiá ou mesmo o Santa Catalina de Ares.

A final do torneo terá lugar o sábado 30 de novembro. Despois deste torneo, xa en decembro será O Pazo de Franza quen organice o seu tradicional certame. Todos os equipos preparanse e esperan o comezo da Liga alá polo mes de febreiro.

Sociedade