ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Kepa Junkera e o grupo castelán La Musgaña estarán en Ferrol no mes de abril, dentro da proposta musical do Toxos e Froles para a primavera que remata o 1º de xuño coa celebración do 98 aniversario do Real Coro. Consolídase o Concurso de Cuartetos tradicionais instaurado polo Toxos e Froles. O Sábado 23 de Febreiro ás 20:30 horas vai ter lugar a segunda edición. O II Concurso de Cuartetos Tradicionais organizado polo Real Coro "T
O premio para o grupo gañador está dotado de 1.200€ e trofeo. Ademáis, a cada cuarteto participante se lle fará entrega dun diploma de participación. Mentras delibera o xurado actuará o Grupo de Cantareiras "Algarabía" da Asociación de Veciños de Lago.
Esta será a segunda proposta cultural e musical que se desenrola dentro das Xornadas Culturais Abertas posta en marcha polo Toxos neste ano 2013; e que terán continuidade nos vindeiros meses. Así, o 23 de Marzo actuará o cantareiro e percusionista, Davide Salvado, co seu novedoso xeito de entender e representa-la música tradicional.
No mes de Abril, o día 27 estarán no Toxos, dous dos mellores expoñentes da música tradicional, cunha importantísima traxectoria internacional. Dende Euskalerría, Kepa Junkera á trikitixa e o grupo castelán "La Musgaña". Os actos terán lugar no primeiro andar do Local Social do Real Coro "Toxos e Froles" na rúa Magdalena 220. A entrada é libre.
E o 1 de Xuño celebrarán o Festival do 98 Aniversario no Teatro Jofre, no que participarán, ademáis do Real Coro "Toxos e Froles", "Cántigas da Terra" de A Coruña e o "Rancho das Rendilheiras da Praça" de Vila do Conde (Portugal). Nesta data, ademáis conmemoran os 40 anos de irmanamento das cidades de Ferrol e Vila do Conde.